Outros proxectos de Recuncho Gamer

Ademais dos vídeos e podcast regulares do Recuncho Gamer, realizamos outra serie de proxectos relacionados co mundo do videoxogo.

Dicionario Gamer

Dicionario Gamer

Microvídeos dun minuto realizados coa colaboración de Punto.gal non que explicamos un termo relacionado cos videoxogos dunha maneira áxil, asequible e entretida.

Música e videoxogos

Colaboración coa Fundación Museo do Videoxogo e a pianista Andrea García no Museo de Arte Contemporáneo de Vigo en setembro do 2021. A acción consistiu nun concerto ao piano con música de videoxogos acompañados de imaxes dos xogos.

A Coruña nos videoxogos

O primeiro documental en galego sobre videoxogos. Unha mediometraxe na que exploramos os distintos videoxogos nos que aparece A Coruña e a súa contorna.

Xogando en galego

Miniserie para Agalega.gal na que Ángela Triana e Jon Amil fan un percorrido en pequenas pílulas polos videoxogos que se poden xogar en galego

Xogalego

Xogalego é o catálogo de videoxogos posto en marcha por Recuncho Gamer que procura recoller, promocionar e achegar á sociedade galega os distintos videoxogos que se atopan dispoñibles en lingua galega.