Podcasts do Recuncho: videoxogos e máis en galego

Un recuncho para escoitar cando queiras e onde queiras.

Na fin de xogo logo

Na Fin de Xogo

Na fin de xogo, busca dar a coñecer e profundizar nos xogos que deixaron pegada en varias xeracións a través de distintas voces. 

En cada capítulo, duns 30 minutos, unha celebridade ou persoa relacionada co mundo do videoxogo contará a súa experiencia con un videoxogo e por que é especial, mentres o equipo de Recuncho Gamer guiará nesta viaxe sinalando as chaves e fitos dos distintos xogos que pasarán por este programa.

Primeira temporada dispoñible en Agalegaaudio.gal

Recuncho Gamer Logo

Recuncho Gamer Podcast

É o podcast semanal gravado con público no Twitch no que, a partir dun tema (cine, natureza, San Valentín…) levámolo ao terreo dos videoxogos para falar de xogos, mecánicas ou fases relacionadas con ese tema. 

Neste podcast participan Ángela Triana, Lara Portela, Sara Gurdiel, Jon Amil, Iago Gordillo, Ana Aboal e Rita Calvo

Outeiro Verde logo

Outeiro Verde

Podcast dedicado a Sonic, no que en cada episodio visitaremos cada un dos xogos desta franquía de Sega. Presentado por Iago Gordillo e Jon Amil.