Leva os videoxogos máis alá da pantalla
Hai quen fala de videoxogos como se fosen manuais de instrucións. Nós facémolo con humor e un punto trangallán. Un proxecto audiovisual con personalidade propia.
Servizos audiovisuais de Recuncho Gamer
Charlas e obradoiros sobre videoxogos
Coñece da nosa man, dunha forma distendida e adaptada a todas as idades, o mundo do videoxogo en galego e a historia global do videoxogo, unha charla na que se aprende á vez que se xoga nun trivial para coñecer máis sobre o videoxogo.
Tamén prestamos atención á creación audiovisual en galego nas redes e ofrecemos un obradoiro de radio e podcast onde o alumnado poderá crear o seu propio programa radiofónico.
Xa estivemos por centros educativos coma o IES Politécnico de Vigo, o CEIP Nosa Señora de Xuvencos de Boborás e noutras localidades coma Cangas e Xunqueira de Ambía.
Podcast de videoxogos e creación sonora
Levamos o Recuncho Gamer Podcast a onde queiras e adaptamos o contido á ocasión. Así o fixemos en eventos como o Festival de cine fantástico Fancine de Lemos ou no Rianxo Gaming en pleno verán.
Tamén, máis alá da temática videoxogo, podemos axudarche a realizar calquer tipo de podcast, ben se precisas axuda ou asesoramento na parte técnica e de realización como na confección dun programa adaptado a calqueira temática coa experiencia que nos dá levar realizando formatos radiofónicos durante máis de 10 anos en emisoras como Cadena SER.
Formatos que dan visibilidade a túa marca
Queres promocionar a túa marca ou o teu evento? Desde a plataforma que temos en Recuncho Gamer podemos dar a coñecer o teu proxecto nas nosas redes que suman 10.000 seguidores e máis dun millón de reproducións.
Facemos vídeos á carta adaptados ao teu campo e relacionándoo con videoxogos: poden ser vídeo-entrevistas, podcasts, formatos curtos…
Aquí tes exemplos nos que promocionamos o Galician Freaky Film Festival ou un exemplo de como poderíamos adaptar un contido breve, por exemplo, a un vehículo dunha marca concreta.
Tes unha idea? Ven falar connosco
Se tes un evento, unha marca ou simplemente ganas de facer algo distinto, falemos de como podemos crear xuntos un audiovisual único.