20/Decembro/2021
A Coruña Nos Videoxogos
Aparece A Coruña nos videoxogos? Durante os próximos 30 minutos respondemos a esta pregunta con decenas de exemplos. Comezamos visitando a reimaxinación dunha Torre de Hércules cando os Celtas a través de The Waylanders, xogo dos coruñeses Gato Studio. Facémolo da man da produtora e deseñadora de xogo e niveis, Laksmy Irigoyen e coa historiadora Ana Romero Masiá.
Se falamos da Coruña non nos queda outra que falar do Deportivo e os xogos de fútbol nos que apareceu tanto o equipo como o estadio de Riazor. Desde Noruega temos unha maqueta virtual da Coruña feita no "Cities: Skylines" a cargo de Funchenstein que conta con varios modelos 3D de Armesto, co que falamos e coñecemos máis deste xogo e do proxecto.
Outros xogos que aparecen neste documental son o Microsoft Flight Simulator, Euro Truck Simulator, Geoguessr, MineCraft, Open TTD, Avoo, e as iniciativas CiudadanoGame e Xerión.
Este documental levouse a cabo coa colaboración de Aqueladas, Selperia, Lara P. e as axudas a Creación Artística do Concello da Coruña.
Os últimos vídeos relacionados
8/Xullo/2026
Novas da semana: Despidos en XBox, a conta de Playstation volveu á vida e Switch desaparecerá da UE
1/Xullo/2026
Aló foi! Sony anuncia que deixará de fabricar xogos en disco físico para Playstation.
27/Xaneiro/2026
Xogos Indie Galegos da II Game Jam Carlos Casares: Dende o galego, con humor
16/Setembro/2025
Visitamos o Lérez Up 2025 e vemos que videoxogos había na Zona Indie
12/Setembro/2024
Terminator e Freddy Krueger nos videoxogos, coa xente de @GalicianFreakyFilmFestival
11/Xullo/2024
Resumo da conferencia de prensa de PC Fútbol 8. Sairá en galego? En que estado está?
5/Xuño/2024
Así vivimos a Retro Barcelona 2024 (resumo + entrevistas Bruno Sol, Retro Cabeza, VíctorDevelops...)
12/Abril/2024
Modo Versus: Super Metroid vs. Castlevania Symphony of the Night (Metroid vs. Vania)
16/Febreiro/2024