Portalén: unha aventura feita videoxogo

Sete fases, pixel art, banda sonora e a lenda de María Soliña. O videoxogo feito por parte do equipo de Recuncho Gamer que che leva á Galicia do S.XVII.

Portalén, o videoxogo galego ambientado no século XVII

O videoxogo feito por parte do equipo de Recuncho Gamer

Portalén é un videoxogo estilo matamarcianos 2D de desprazamento horizontal con toques de Rhythm Game ambientado nunha Galicia do século XVII cun toque de fantasía.

Ponte na pel de María Soliña para atopar os tres obxectos máxicos que lle darán o poder para liberar o seu pobo do sufrimento e da chegada de Noitum, o Señor da Noite.

Portalén xogo

7 fases por Galicia

7 fases por Galicia adiante en lugares como a Ría de Vigo, Fragas do Eume, Cova da Serpe ou a Lagoa de Antela.

Pixel art

Un apartado gráfico 2D acabado entre pixel art e debuxado a man.

Banda sonora propia

Banda sonora que abraza melodías tradicionais da cultura galega desde sons contemporáneos e con artistas referentes do panorama actual galego.

Dobraxe en galego

Videoxogo con dobraxe en galego.

Creación de comunidade

Creación de comunidade con táboas de puntuación e clasificación en liña.

Viñetas animadas

Historia contada a través do que acontece nas propias fases e con viñetas animadas estilo banda deseñada.

Tres modos de xogo

Tres modos distintos de xogo (Historia, Arcade, e Selección de nivel) con 4 niveis de dificultade para dominar e moitos coleccionables por descubrir.

Portalén xogo

María Soliña agarda por ti

Sete fases, pixel art, banda sonora e a lenda de María Soliña. O videoxogo feito por parte do equipo de Recuncho Gamer que che leva á Galicia do S.XVII.