Vive os videoxogos. Humor, cultura e comunidade
O videoxogo é máis que un entretemento. Vídeos, podcasts e directos para que calquera persoa, gamer ou non, poida atopar o seu lugar no Recuncho.
Que é Recuncho Gamer: videoxogos en galego
Recuncho Gamer é un proxecto audiovisual creado en 2020 que procura a divulgación de forma amena sobre os videoxogos, entendendo estes como un produto cultural no que converxen moitas artes.
Facémolo a través de varios formatos audiovisuais como vídeoensaios, podcasts, entrevistas e emisións en directo en plataformas como YouTube, Twitch, Instagram e TikTok.
Entras no Recuncho?
A nosa misión no mundo dos videoxogos
Facemos contidos diversos
Creamos contido en vídeo, podcasts, directos… damos charlas e particiamos en eventos do mundo dos videoxogos. Ademais, estamos facendo o noso primeiro xogo: Portalén!
Valor cultural dos videoxogos
Divulgamos e resaltamos o valor cultural e artístico dos videoxogo e desbotar preconceptos.
Galego como lingua gamer
Normalizamos o uso do galego para falar de videoxogos en ámbitos como redes sociais, YouTube e Twitch.
Videoxogos dispoñibles en galego
Damos a coñecer que videoxogos hai en galego.
Redes na industria galega
Tecemos redes na industria do videoxogo galego con colaboracións e cobertura do traballo desenvolto no país.
Diversidade e novos referentes
Temos un enfoque diverso que fuxa dos estereotipos fortemente masculinizado á hora de contar con protagonistas e participantes nos distintos formatos.
A quen queremos chegar
Por unha banda dirixímonos ás persoas afeccionadas aos videoxogos, ofrecendo Recuncho Gamer como punto de encontro no que atopar contido sobre videoxogos na nosa lingua.
Por outra banda, tamén intentamos crear un contido atractivo, aberto e accesible para o público non familiarizado cos videoxogos a través de temáticas e referentes transversais da cultura galega: temos contado coa presenza de Pili Pampín, Grande Amore, Xosé Antonio Touriñán, ou Esther Estévez e con temáticas como series como Pratos Combinados ou debuxos do Xabarín Club como base para falar de videoxogos referidos a estas.
Tamén aparecen outros elementos como a xeografía galega ou as súas celebracións.
O equipo detrás de Recuncho Gamer





Cando tiña 4 anos, os seus pais mercaron unha NES e dixeron que era para ela (Spoiler, non era tal) e declarouse gamer. Agora ela é a nai e utilizará a mesma técnica para facerse cunha nova consola.
Guionista fan das aventuras gráficas dos 90, que non revisita por medo a que perderan co paso do tempo. Defensora do cooperativo local.
Verala no Recuncho Gamer Podcast e noutras aventuras (se a conciliación llo permite).
Con 5 anos caeu na marmita de SEGA cunha Mega Drive e o Sonic e dalí xa apenas deu saído.
Músico frustrado da confraría da Santísima Trinidade de Koshiro-Uematsu-Shimomura. Máis que de Dragon Ball é de Panzer Dragoon.
Veralo en case todos os espazos do Recuncho xa que é quen leva os streamings de gameplays e dirixe o Recuncho con máis despotismo que Mr.X do Streets of Rage.
Quando era um neno confuso, perdido na vida, atrapalhado na vertiginosa voragem da realidade contemporânea, tivo uma experiência que marcaria o resto da sua vida. Foi um ponto de inflexom vital, quase uma epifania, como quando o Sonic sacou a espada Caliburn da pedra, ou como quando o Link sacou a Espada Mestra da pedra, ou como… como qualquer outra reinterpretaçom fuleira da lenda do Rei Artur. Só que nom era uma espada, era uma consola, e nom estava chantada numa pedra, senom metida numa caixa de cartom cheia de espuma de polistireno.
Mas tanto tem, isso som detalhes que nom quitam legitimidade à metáfora. O importante é que por fim tinha no seu poder a lendária Mega Drive com o jogo do Sonic.
Na atualidade, depois de derrotar o Robotnik vezes sem fim, de ganhar inúmeras Ligas Pokémon, de salvar o reino de Hyrule da destruiçom e mesmo de meter ratos em naves espaciais, já nom é mais aquele neno que um dia foi.
Agora é um adulto confuso, perdido na vida e atrapalhado na vertiginosa voragem da realidade contemporânea.
Un ano debeu de portarse moi ben e os Reis Magos trouxéronlle unha NES de marca branca, momento no que decidiu dar as costas á sociedade, porque era moito mellor xogar a videoxogos.
O mesmo che vai á era dos dragóns que polo espazo adiante, pero todo mellor se teñen numeriños e stats.
Sae moito no Recuncho Gamer Podcast falando de RPGs, Yakuzas e vikingas. De cando en vez asoma unha gata máis limpiña ca enerxía Mako.
Chegou tarde, tarde, tarde, pero despois dos party games da Wii descubriu que había xogos onde un podía poñerse armaduras de mithril e disparar bolas de lume e o resto é historia.
Cando os dragóns o permitiron sacou a carreira e o grao medio de violín, para poder darlle á familia a tabarra coas bandas sonoras.
Agora vive nas aforas, na illa de Hibernia, e aparece no Recuncho como romántica empedernida residente e backseat gamer honoraria.
Premios e recoñecementos
Queres formar parte do Recuncho?
Buscamos colaboracións, ideas e proxectos que sumen á nosa comunidade. Se tes algo en mente, estaremos encantados de escoitarte.




