Vive os videoxogos en galego!
Podcast, vídeos e directos que mesturan cultura, humor e comunidade para que o mundo gamer tamén teña o seu recuncho
Recuncho Gamer: podcast, vídeos e videoxogos en galego
Vídeos e streaming de videoxogos
Centos de vídeos con críticas, análises e gameplays de videoxogos de todas as épocas. Se buscas risas, opinións sen filtros e moito retro, este é o teu sitio.
SILKSONG, Día 9 | Lito da Panorama e máis sufrimentos [Gameplay en galego]
Visitamos o Lérez Up 2025 e vemos que videoxogos había na Zona Indie
SILKSONG, Día 8 | De ronda polos Salóns Harmónicos [Gameplay en Galego]
SILKSONG, Día 7 | Agora si que avanzamos polo Salón Harmónico (Gameplay en Galego)
Desde a pantalla de inicio ata bosses finais aquí
Podcasts en galego de videoxogos
No Recuncho Gamer temos podcast para todos os gustos e momentos. Queres coñecer a fondo algún dos xogos máis importantes da historia? Para iso tes Na Fin de xogo.
O punto de encontro do equipo de Recuncho Gamer é o Recuncho Gamer Podcast, onde cada semana abordamos un tema de forma distendida e a mina desde o punto de vista do videoxogo: praias? bosses? terror? A todo lle atopamos a conexión gamer.
E se es fan de Sonic, o teu sitio é o Outeiro Verde.
Portalén, xoga connosco!
Portalén é o noso primeiro videoxogo: un indie que mestura acción, ritmo e fantasía histórica.
Cada nivel combina escenarios emblemáticos de Galicia con retos que poñen a proba a túa habilidade.
Ponte na pel de María Soliña para atopar os obxectos máxicos e liberar Galicia da ameaza do Señor da Noite.
Apóianos. Patreon e merchandising gamer
Convídanos a un refresco en Patreon e axúdanos a decidir sobre que falamos nos programas. Pequenas achegas que manteñen vivo o proxecto e fannos chegar máis lonxe.
Ou se o teu é presumir de estilo, entra na nosa tenda e leva unha camiseta, unha caneca ou un deseño recuncheiro único. Orgullo recuncheiro para vestir todos os días.