Ti tamén es parte do Recuncho
Se che mola o que facemos, hai dúas opcións: un cafeciño ao mes en Patreon ou coller unha camisola co noso logo e presumir de gamer en galego.
Apóianos: Patreon e tenda de merchandising gamer
Patreon: o refresco que mantén vivo o Recuncho
Queres escoller os temas dos que falaremos nas distintas seccións e programas do Recuncho Gamer?
Podes facelo e botarnos unha man desde o noso Patreon cunha pequena aportación ao mes (o equivalente a convidarnos a un refresco).
Con isto axudarasnos a que sigamos facendo podcast e outras pezas audiovisuais no Recuncho Gamer.
Tenda: isto non o atoparás no Zara
Unha maneira de axudar o Recuncho Gamer é cunha visita na nosa tenda aloxada en RedBubble, onde a cambio iras coa moda videoxogueira máis chula con deseños feitos por nós nunha variedade de produtos como camisetas, canecas, bolsas, adhesivos… aqyí uns exemplos:
Logo Recuncho Gamer
O deseño básico co logo de Recuncho deseñado por Antón Lezcano. Loce o teu orgullo recuncheiro!
E ti de Ken vés sendo?
Ken protagoniza o novo deseño da tenda de Recuncho Gamer.
The Legend of Celga
Deseño inspirado no clásico xogo de Nintendo protagonizado por Ligazón: “The Legend of Celga: A Ligazón para a RAG”
E aínda hai máis!
Na nosa tenda en Red Bubble tes máis deseños inspirados en franquías como God of War, Final Fantasy, Bomberman, Mario, Sonic…