27/Outubro/2023

Modo Versus: HOUSE OF THE DEAD 2 vs. TIME CRISIS 2

Chega a nova sección do Recuncho Gamer: Modo Versus, onde dous xogos similares se baterán en varias categorías para definir cal é o que conta con mellores gráficos, mellor ambientación, máis diversión, momentos máis memorables, e máis momentos máis memerables. Hoxe o número 2 é a chave: enfróntanse dous clásicos de disparos sobre raíles de finais dos 90: nunha esquina, por parte de Sega temos os zombies que tomaron unha especie de Venecia en The House of the Dead 2; por outra banda, temos as pelis de acción dos 80 en versión contrarreloxo que nos trae Namco no Time Crisis 2, quen logrará impoñerse? Agora o resolvemos, aquí no Recuncho Gamer, no Modo Versus! O The House of the Dead 2 é un xogo de disparos sobre raíles de Sega saído en Arcade para a placa Naomi en novembro do 98, e que contaría con ports para a Dreamcast, Windows, Xbox e Wii. Neste caso a historia continúa un ano despois dos sucesos acontecidos no primeiro xogo. E tal como tamén pasa no Resident Evil, se o primeiro estaba ambientado nunha mansión, neste chegamos a unha cidade. Venecia neste caso. Nel poñémonos na pel de dous axentes que van investigar este gromo zombie en Venecia, onde está a base secreta de operacións de Goldman, o que puxo os cartos para o desastre do primeiro xogo. E, a ver, a base tan secreta non será cando é o único rañaceos en varios quilómetros á redonda. O moble de Arcade constaba dunha única pantalla na que disparaban os dous xogadores, e tiña versión en cabina, cunha cortina e todo, para que nos poidesen morder os zombis en intimidade. Time Crisis 2 de Namco saiu un ano antes, no 97. Contaría cunha versión en PlayStation 2. Poñémonos na pel de dous axentes que teñen que evitar que se lance un satélite nuclear que podería levar á dominación mundial de quen teña os seus códigos. Mantén do anterior ó sistema de pedal para cubrirnos e disparar e o tempo limitado; e ten como particularidade que se xogaba en dúas pantallas, cada unha co punto de vista de cada personaxe que terá por momentos percorridos distintos. #youtubeiras #TheHouseofthedead2 #TimeCrisis2

Os últimos vídeos relacionados

Video Thumbnail
8/Abril/2025

Os videoxogos que vimos na Atlantic Games Conference en Carballo

Video Thumbnail
5/Xaneiro/2025

Sonic 3: Crítica CON SPOILERS (Outeiro Verde Ep: 13)

Video Thumbnail
12/Setembro/2024

Terminator e Freddy Krueger nos videoxogos, coa xente de @GalicianFreakyFilmFestival

Video Thumbnail
11/Xullo/2024

Resumo da conferencia de prensa de PC Fútbol 8. Sairá en galego? En que estado está?

Video Thumbnail
5/Xuño/2024

Así vivimos a Retro Barcelona 2024 (resumo + entrevistas Bruno Sol, Retro Cabeza, VíctorDevelops...)

Video Thumbnail
2/Maio/2024

Touriñán metendo triples co NBA Jam! [Mira quen vén xogar]

Video Thumbnail
12/Abril/2024

Modo Versus: Super Metroid vs. Castlevania Symphony of the Night (Metroid vs. Vania)

Video Thumbnail
29/Febreiro/2024

Unboxing: Que contén a edición Deluxe do Final Fantasy VII Rebirth?

Video Thumbnail
16/Febreiro/2024

CAMPAÑA GAMER: O Debate do SONIC (PP-BNG-PSdG) | Quen pasará máis rápido Green Hill + Resumo campaña

Video Thumbnail
28/Xaneiro/2024

Pratos Combinados: Os videoxogos escondidos no Bar Suizo

Video Thumbnail
10/Xaneiro/2024

As referencias a videoxogos no vídeoclip de "Game Boy" de Os Vacalouras

Video Thumbnail
31/Decembro/2023

As consolas menos coñecidas dos 90: A outra quinta xeración no Museo do Videoxogo (Jaguar, 32X, 3DO)